Alumnos de Salesianos visitaron a Casa da Lagoa

Visita de alumnos de Salesianos a Casa da Lagoa.
photo_camera Visita de alumnos de Salesianos a Casa da Lagoa.
A visita guiada levouna a cabo Alex de los Ríos, guía especializado en historia con ampla experiencia didáctica

Preto de 20 alumnos do Colexio Plurilingüe Salesianos Ourense visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e o patrimonio xeolóxico, etnográfico e ornitolóxico do humidal artificial das Areeiras de Sandiás.

Acompañados por Quique (docente de Bioloxía e Xeoloxía e coordinador do programa ambiental NaturezAula), levouse a cabo este roteiro didáctico ambiental. 

A visita guiada na Casa da Lagoa e nas Areeiras de Sandiás foi intensa e tivo unha duración de catro horas. A visita guiada levouna a cabo Álex de los Ríos, guía especializado en historia con ampla experiencia didáctica e Pepe Gándara, profesor do centro e coordinador da “Casa da Lagoa”.

A visita deu comezo visionando un audiovisual sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa, o humidal artificial das Areeiras e o patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. 

Fíxose referencia á Lagoa en xeral e as súas dimensións, análise de varias fotografías históricas, ao uso das barcas e aos proxectos de desecación. Presentáronse os proxectos da “Poza dos Arieiros” e “Poza das Conícoras”.

Te puede interesar