Celanova acollerá o 11 e 12 de maio a primeira edición da “Xuntanza de Bandas das Letras Galegas”. O Concello celanovés e a Asociación de Amigos da Banda de Música da localidade organizarán un encontro que terá o seu epicentro no concerto fixado para o sábado a tarde, ás 19,00 horas, no claustro barroco.
A Banda de Música Santiago de Arteixo e a Banda Filarmónica de Lugo serán, xunto coa agrupación local, as protagonistas desta primeira edición que nace con vocación de continuar. “Esperamos que sexa un éxito e poder darlle continuidade nos vindeiros anos, engadindo máis bandas das catro provincias galegas”, sinalan dende a organización, que espera dar o inicio musical a semana das letras onde, “o prato forte é a celebración do Raigame en Vilanova dos Infantes”, dixeron.