BOLSA DE TRABALLO

O Concello de Verín abre un proceso para cubrir dúas prazas de traballo

Concello de Verín.
photo_camera Concello de Verín.
O Concello de Verín vén de anunciar a apertura dun procedemento selectivo

O obxectivo é cubrir dúas prazas dispoñibles: Oficial de Primeira de Vías e Obras, e Oficial de Segunda de Xardinaría. O prazo de presentación de instancias comeza este venres e será de oito días naturais, polo que o último día será o vindeiro luns, 6 de maio.

Toda a documentación requerida para participar neste proceso, así como os anexos e as bases do mesmo, están dispoñibles telematicamente na sede eletrónica do Concello, e en formato físico no taboleiro de anuncios do Consistorio verinés.

No proceso de selección se aplicarán as bases xerais de contratación para o persoal laboral temporal, así como as bases específicas correspondentes.

Te puede interesar