CASTRELO DO VAL

Rematan as inscripcións para expositores e actividades da IV Frasca do Terrón

Actuación de Candaira na Frasca do Terrón do ano 2023.
photo_camera Actuación na Frasca do Terrón do ano 2023.
O Concello de Castrelo do Val acolle o vindeiro 1 de xuño a cuarta edición da “Frasca do Terrón”, unha mostra de música tradicional galega e artesanía

Esta xornada de festa e celebración arrancará cun roteiro circular pola zona ás 9,00 horas. Posteriormente abrirá a feira de artesanía, e ás 12,00 horas chegará o turno da actuación da asociación de mulleres rurais da comarca e da asociación Candaira.

Tralo xantar, haberá actividades para todos os gustos: actuacións de grupos tradivcionais, contacontos e ata obradoiros de baile. Posteriormente, á tarde-noite, actuarán grupos de música tradicional, con bandas coma Candaira ou Nova Era. Por último, ás 22,00 horas, terá lugar unha foliada aberta a todo o público.

Dende o Concello castrelexo animan a todos aqueles interesados en inscribir os seus expositores de artesanía ou alimentación que o fagan ao longo do venres chamando o número 675 603 888. Ademais, tamén convidan a organizadores de actividades que desexen realizalas ao longo do día

Te puede interesar