CONCELLO

O BNG insta a regular as prazas de aparcamento no Carballiño

La Casa Consistorial del municipio de Carballiño.
photo_camera La Casa Consistorial del municipio de Carballiño.
Os nacionalistas do Carballiño tamén priorizan a necesidade de peanolizar as rúas do parque infantil da Alameda 

A portavoz do grupo municipal do BNG do Carballiño, Sofía García, presentou unha moción para abordar o problema da falta de prazas de aparcamento e a falta de espazos peonís. Propón fomentar a rotación de vehículos nos arredores das zonas de servizos e comerciais. “O obxectivo ten que ser que o maior número de persoas poida beneficiarse da vantaxe de poder estacionar o seu vehículo durante un curto período de tempo para realizar as súas xestións”, sinalou.

Tamén prioriza a necesidade de peonalizar as rúas do parque infantil da Alameda, xa que é un espazo no que se mestura o tránsito peonil, as terrazas, a parada de taxis, os vehículos e as aglomeracións nos horarios de entrada e saída dun colexio. “ Unha combinación perigosa que evidencia a falta de seguridade no entorno do parque infantil e que non debe perdurar un minuto máis” declara.

Te puede interesar