Cartas al director

Informar con liberdade

Hoxe é 3 de maio, Día Mundial da Liberdade de Prensa, e quero referirme á difícil situación que atravesan moitas persoas que exercen o xornalismo en todo o mundo. En moitos países, estes profesionais sofren ameazas e son levadas ao cárcere ou incluso asesinadas, simplemente por seren críticos cos seus gobernos.

Unha das figuras máis famosas é a de Julian Assange, que actualmente se enfronta a 174 anos de cárcere por divulgar documentos segredos, que entre otras cousas informaban sobre posibles crimes de guerra cometidos polo exército dos Estados Unidos.

Do mesmo xeito, noutros lugares do mundo diversos profesionais da información están tamén ameazados. Como é o caso de Rusia, onde Maria Ponomarenko e Roman Ivanov están condeados a penas de cárcere por alzar a súa voz contra a invasión de Ucraína; ou o caso de México, onde máis de 140 profesionais da información foron asesinados no que vai de século.

Esta situación non pode continuar, debemos defender a liberdade de expresión e información e ás persoas que ponen en risco a súa vida e a súa liberdade por defendelas. Sen unha prensa libre, veraz e non manipulada corremos o risco de que as violación dos Dereitos Humanos queden ocultos e impunes.