“Non é polo poder nen pola forza,
senón polo meu Espíritu, di o Señor”
(Zacarías 4:6)
Zacarías escribiu un libro cheo de visións e soños. O profeta ensina dun xeito atractivo, que o máis importante na vida non son os logros que acadamos, a situación na que estamos, os cartos que gañamos ou o poder que temos, senón se sabemos disfrutar do que facemos. Se o noso corazón está insatisfeito, a nosa vida non terá sentido, non importa quen sexamos.
O obxetivo na nosa vida non é vivir nunha victoria continua, senón estar máis perto de Deus e axudar a todos. Cando o Espírito de Deus nos guía fai que sintamos a eternindade cada día, porque vivimos baixo un poder sobrenatural, algo que ninguén nos pode quitar.
Zacarías profetiza tamén sobre Xesús, a súa vida e o seu sofremento por nós, pero explica que un día o Mesías volverá para reinar nos ceos novos e a terra nova. O nome Zacarías significa “O Señor lembra”. O que Deus di, non debemos esquecelo nunca.