CONCELLO

CCOO di que Vilar de Barrio non paga os kms da Axuda ao Fogar

VILAR DE BARRIO 25/01/2023.- Jornada gélida en A Limia. José Paz
photo_camera Carretera en Vilar de Barrio (Foto: José Paz).
O sindicato criticou que as traballadoras teñen que utilizar os seus propios vehículos para desprazarse

O sindicato CCOO criticou onte ao “goberno ‘progresista’” de Vilar de Barrio por ”obrigar ás traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) a utilizar os seus vehículos propios para desprazarse aos domicilios dos usuarios, sen pagarlles a kilometraxe”. Segundo a devandita central, “despois de varias reunións mantidas co alcalde para que lles aboase o kilometraxe, este segue negándose a pagarlla”. CCOO considera “inxustificada a actitude” do rexedor nacionalista, Manuel Conde, “que se nega rotundamente a aboarlle ditos gastos e obriga ás traballadoras a que os teñan que asumir”. 

Nun comunicado, o sindicato carga contra a actitude “déspota” do rexedor, “pois en vez de atender a razóns e buscar puntos de encontro, limítase a botar balóns fóra e mesmo a provocar máis malestar nas relacións laborais co persoal, impondo os cadrantes de traballo”. 

Te puede interesar