Allariz destacou o seu nexo con Risco “o máis caricaturizado de Nós”

photo_camera Os nove retratos da Xeración foron presentados na Paneira de Allariz antes da difusión da lámina do escritor ourensán
Os nove retratos da Xeración foron presentados na Paneira de Allariz antes da difusión da lámina do escritor ourensán

A Paneira de Allariz converteuse este mércores nunha das paradas da viaxe que están a realizar pola provincia as nove ilustracións da Xeración Nós. Nun acto dirixido pola xornalista Maribel Outeiriño e a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid; presentouse a lámina que se entregará este domingo, día 30 de maio, co Diario La Región e que corresponderá ao retrato de Vicente Risco realizado polo ourensán Manuel Caride (Ourense, 1962). Precisamente, Caride explicou que experimentou un traballo enfocado ao cromatismo, empregando fundamentalmente as cores verde e azul: a primeira representando á Galicia interior e a segunda á Galicia costeira. “Quería tratar al personaje dentro de un contexto paisajístico como la Ribeira Sacra”, explicou Manuel Caride. “Su faceta literaria la plasmé en el traje con unas letras de caligrafía galaica”, engadiu o artista, quen agradeceu a súa participación neste proxecto: “Me encanta porque soy muy de la tierra. Aunque me haya criado fuera por la emigración de mis padres tengo un sentimiento muy profundo hacia Galicia”. Sobre Risco, o autor da súa lámina destacou “su parte más poética, la menos política y más artística”. 

Pola súa banda, Maribel Outeiriño falou da unión de Vicente Risco con Allariz, onde está enterrado e onde se atopa a sede da súa fundación. “Fue uno de los personajes más retratados de su tiempo. Él se prestaba mucho para esa particularidad que tiene la caricatura que es la de destacar los rasgos personales”, expuso a xornalista. “En la Xeración Nós eran muy aficionados a retratarse los unos a los otros. Esto demuestra que tenían mucha conciencia de grupo”, engadiu Outeiriño, quen ensalzou a aportación deste grupo cultural á ciencia e á investigación, facéndoo en galego -ata o momento o idioma estaba identificado co eido da poesía-. 

Cristina Cid, aproveitou a ocasión para poñer en valor ao artista alaricano que participou con La Región na elaboración desta serie de retratos: Xabier A. Varela, que tamén estivo presente no acto xunto a Baldomero Moreiras -autor do retrato a Otero Pedrayo-. Sobre o creador da lámina de Xaquín Lorenzo Xocas, Cid dixo que é “un referente” e apoiou tamén as iniciativas levadas a cabo polo Diario La Región con motivo do centenario da Xeración Nós: “É de agradecer e destacar esa labor de divulgación dun movemento tan importante que se deu nesta provincia”. 

Nas vindeiras semanas a mostra podería volver á Paneira: “É algo que merece a pena ver. Nestes días hai outras problemáticas, pero a profundidade das ideas é algo que tamén hai que apreciar”, asegurou Varela.

Te puede interesar