O Enterro da Sardiña tivo lugar onte en Xinzo de Limia. A sardiña ardeu no Mércores de Cinsa, con moita dor e bágoas dos entroideiros limiaos. Coma sempre, non faltou a sátira no testamento que deixou a sardiña.
Despois da solemne comitiva, procedeuse a dar lectura ao testamento da sardiña na Praza Maior, epicentro da troula entroideira do último mes. Para concluir, prendeuse lume á sardiña, que ardeu ao son dos últimos compases do día.
O Entroido non remata
Sen embargo, o Entroido non finaliza, xa que iste ano recuperase o tradicional “Sábado de Piñata”, unha das novidades desta edición do Entroido, que é o máis longo do mundo. Será este sábado, co tradicional “Xogo da Cucaña” e a posterior verbena de “Mascaritas e Capuchóns”.
Para rematar, terá lugar o Domingo de Piñata, unha xornada na que os máis pequenos da casa pechan ao grande o Entroido con piñatas cheas de doces.
Para finalizar a festa, ás 19,00 horas, actuación da orquestra Solara en O Toural e entrega dos premios do Gran Desfile de Entroido.