A Facultade de Historia de Ourense renova o seu selo de calidade

Edificio da Facultade de Historia do Campus.
photo_camera Edificio da Facultade de Historia do Campus.
O selo outorgado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, foi renovado pola Facultade de Historia do Campus de Ourense

A Facultade de Historia do Campus acadou recentemente a unha nova certificación do seu Sistema de Garantía Interno de Calidade, dentro do Programa Fides-Audit. A renovación deste selo outorgado pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia supón “unha satisfacción moi grande para o centro” en canto recoñece o “noso compromiso coa calidade”  tal e como indicaron dende o seu equipo decanal.

Julio Prada, decano da Facultade, subliñou a importancia de acadar esta certificación dun sistema que abrangue todos os procesos que se levan a cabo no centro. Igualmente, apunta que obter esta renovación é moi importante de cara tamén á futura renovación dos selos de calidade específicos das titulacións da facultade. Dada esta relevancia, o responsable académico agradeceu e puxo en valor a implicación neste proceso certificación e na implantación do sistema de calidade dos órganos de goberno da UVigo.

Segundo lembra Antonio Presedo, vicedecano e coordinador de Calidade da Facultade, a preparación do proceso desenvolveuse o curso pasado co apoio da área de calidade da UVigo, ao mesmo tempo que o centro preparaba igualmente o seu Programa de Desenvolvemento Estratéxico. Xa este curso académico, a comisión específica realizou a pertinente avaliación que rematou con este resultado positivo. “Acadar esta renovación é unha cuestión importante, dada a relevancia que ten hoxe en día a cultura da calidade”, afimou o vicedecano.

Te puede interesar