Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) elabora cada tres anos o coñecido, recoñecido e temido informe PISA, siglas en inglés do Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos. Daqueles que chegan ao final da súa etapa de ensino obrigatorio, daqueles mozos e mozas que andan, cos correspondentes cambios fisiolóxicos e psicolóxicos, na procura de pasar á adolescencia e entrar de cheo nesa vida, na que xa non se cre nos contos de fadas. Se acaso, no amor. Este programa ou informe PISA proporciona á sociedade abundante e detallada información sobre os niveis educativos dos distintos sistemas, prestando atención principalmente a tres aspectos ou áreas: a comprensión lectora, matemáticas e competencia científica.
Moi importantes as tres e as tres de plena actualidade. Galicia, no último destes informes, no do ano 2015, non aparecía nada mal, con respecto a outros territorios do Estado. En competencia en ciencias, a nosa mocidade sitúase no terceiro posto, por detrás de Castela e León e Madrid, a varios puntos por arriba da media. Tamén acada bos postos en competencia lectora, inmediatamente despois de Navarra, e un pouco peor en Matemáticas.
Estas competencias medidas son moi importantes. E a vara para medilas é, a bo seguro, ecuánime. Non como a forma de contar daquel xornalista político, que poñía o ollo na manifestación e calculaba o número de participantes, segundo os seus criterios variables. El sempre tiña razón. A verdade era a súa. Os outros “están equivocados, dan o número que convén aos interesados”. Este contador era e é un fenómeno, quere impoñer a súa verdade, “con razón ou sen ela”. Á Tía Manuela recórdalle as lerias de Antón da Benita, aquel labrego que tiña leiras cativas, “as máis pequenas do lugar, pero con maior extensión produtiva”.
Antón da Benita, paisano rufo, fachendoso e orgulloso do seu. Aquel que, sen saber ler, faría subir puntos no informe PISA, no apartado de comprensión lectora e nos outros, especialmente, no de Matemáticas. Se ten que contar multitudes faino, persoa a persoa, unha a unha, cos dedos ou a vulto, como contaba o periodista, sempre cunha enorme diferencia dos outros colegas errados, cinco ou seis veces por arriba ou por abaixo. Cantos eran?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ontime vuelve a la liga listo para estrenarse fuera
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas