Opinión

Rivales

Rivales
photo_camera Rivales

O cineasta italiano Luca Guadagnino, ao igual que os protagonistas do seu último filme, non sabía nada de tenis antes de enfrontarse ao desafío de Rivales. Pero, sí, xa coñecía dabondo o labirinto de paixóns das relacións sentimentais, as turbulencias dos amantes e as desviacións caníbales do poder. Desde os seus primeiros filmes, Soy el amor (2010) e Cegados por el sol (2015), pasando polo aclamado Call Me by Your Name (2017) ata o último Hasta los huesos (2022), Guadagnino non só dedicouse a contar a intensidade das emocións. Tamén soubo conectar co público máis novo, cunha linguaxe cinematográfica que balancéase con sabedoría, e algo de inconsciencia, entre o clasicismo e a vangarda. 

Esta última longametraxe, ambientada entre competicións Open, Challenger e Gran Slam, e construída sobre continuos saltos temporais, fala da relación entre dous amigos, Patrick (Josh O’Connor) e Art (Mike Faist) que se converten en rivais ao cruzar os seus camiños con Tashi (Zendaya). A xogadora, cun carisma e un talento excepcional, consegue atrapalos, tanto na competición como no amor. O filme sitúase no mundo do tenis profesional, pero o que importa verdaderamente nesta longametraxe é o triángulo amoroso entre os tres, as dinámicas de poder e as frustracións que cada un deles terá que levar consigo, dentro e fora da pista. 

Guadagnino erotiza o deporte do tenis e pon o foco sobre os corpos, os xestos, o suor e as miradas. Non hai escenas de sexo explícito, a intención do filme está en facer visible a tensión sexual que tamén - como explica Tashi nalgún diálogo en concreto - se expresa na competición deportiva. As interpretacións están sobresalientes e a química que transmiten entre eles é absoluta, indicando unha vez máis o talento de Guadagnino no traballo cos actores. 

A banda sonora é outro elemento distintivo do director. Quizais, tivo a súa expresión mais orixinal na serie Wo Are Who We Are (2020) de HBO, pero aquí fai un paso máis alá. En Rivales a música techno chega por sorpresa a un volume bastante elevado no medio dos diálogos, incluso nos momentos reflexivos. A aparición da música no medio dun enfrontamento verbal, acaba aportando un ton extráñante, chocante, elevando a intensidade emocional da narración. 

No final asombroso, o cineasta condensa nunha soa secuencia todos os elementos expresados ao longo da historia. Alucinante é a cámara colocada dentro dunha pelota amarela, facéndonos vivir, como espectadores, no mesmo vórtice que ten atrapado o personaxe interpretado por  Zendaya e os dous competidores.  

Rivales está sendo un éxito de taquilla en Estados Unidos – cunha maioría de espectadores novos, entre 18 e 24 anos – confirmando que é un país onde o director italiano parece sentirse bastante cómodo. Mentres tanto, incansable, parece non querer relaxarse neste bo momento profesional que está a vivir. Está a punto de estrear a serie Brideshead Revisited, inspirada na novela de Evelyn Waugh, e está a traballar noutras dúas adaptacións literarias, unha longametraxe sobre Queer de William S. Burroughs e outra inspirada en Separate Rooms do escritor emiliano Pier Vittorio Tondelli. 

Te puede interesar