Sandiás acolle a presentación do libro "A árbore do pan"
LITERATURA
Os quince participantes no acto poderon adquirir un exemplar firmado polo autor, na casa da cultura
No marco da celebración do Día das Letras Galegas, o sábado 18 de maio, o concello de Sandiás acolleu a presentación do libro “A árbore do pan”, do prolífico escritor, editor e músico verinés Edelmiro Mateo García.
Este texto de Edelmiro Mateo está ilustrado, con láminas en acrílico, pintadas e deseñadas por Olimpia Seoane, unha pintora autodidacta que coa súa colaboración converteu o relato nun libro-arte.
Coma sempre, o acto convertiuse nunha oportunidade de gozar da música en directo.
O propio Edelmiro Mateo, acompañado do seu acordeón en cada unha das presentacións dos seus libros, convertiu o acto nun evento que mesturou literatura e música así como textos leídos en voz alta.
“A Árbore do pan”, como adoitaban chamar ao castiñeiro, é unha obra que nos mergulla na vida dos soutos de castiñeiros e nas castañas.
Trátase dun eloxio ao castiñeiro onde se recolle a memoria comunitaria fixada na madeira a través dunha historia fabulada onde se resalta o valor ecolóxico-paisaxístico, gastronómico, económico, etnográfico e tamén como metáfora do ciclo da vida.
Os quince participantes no acto poderon adquirir un exemplar do libro “A árbore do pan”, na mesma Casa de Cultura de Sandiás e firmado polo autor, Edelmiro Mateo García.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas
143 DÍAS EN EL MEDITERRÁNEO
España mantiene los días de pesca en 2026 tras acuerdo con la Unión Europea