Charla en Sandiás sobre seguridade e benestar no rural

O criminólogo Fernando Gándara charla cos veciños.
photo_camera O criminólogo Fernando Gándara charla cos veciños.
O coloquio consistiu nunha exposición práctica na que o experto orientou á veciñanza nunha serie de boas prácticas dirixidas a manter a súa seguridade no entorno rural

O criminólogo Fernando Gándara, Máster en Criminalística e Conselleiro Superior en Ciencias Forenses pola Universidade Autónoma de Barcelona, impartiu unha charla-obradoiro no salón de actos da Casa de Cultura do Concello de Sandiás.

Así, os veciños que asistiron puideron facerlle a Gándara cuestións relativas á prevencións de roubos na casa, ou dos riscos e perigos no mal uso de internet.

Esta charla forma parte do programa de dinamización socio-comunitaria debido á dispersión da poboación no rural, o envellecemento progresivo dos seus habitantes fan máis necesaria que nunca a ensinanza de consellos básicos para estar seguros que os maiores estean seguros ao vivir sós.

Chamadas non desexadas

Os veciños de Sandiás amosaron especial interese en como debían reaccionar ante chamadas telefónicas de descoñecidos, así como estafas, timos e ameazas que recibían de xeito telemático e presencial, moitas veces referidas ás súas propiedades.

O experto en crimonoloxía Fernando Gándara tamén lles contou rutinas que pór en práctica e teléfonos que ter sempre a man.

Te puede interesar