17 DE MAIO

Xinzo de Limia presenta as actividades co gallo do Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas 2024 está adicado á autora Luísa Villalta.
photo_camera O Día das Letras Galegas 2024 está adicado á autora Luísa Villalta.
A Concellería de Educación e Cultura do Concello de Xinzo de Limia presentou este xoves a súa programación para celebrar o Día das Letras Galegas a próxima semana

Os actos previstos arrancan o mércores, 15 de maio, na Praza Maior da vila limiá. A partir das 11,00 horas, os alumnos do IES “Lagoa de Antela” realizarán unha actividade para dar a coñecer mellor a figura e a obra da autora coruñesa Luísa Villalta, que é a quen se adica este día este ano. Tamén recitarán poesía, e amosarán lonas xigantes con imaxes e fragmentos da vida da escritora homenaxeada nesta edidición das Letras Galegas.

O venres, 17 de maio, terá lugar, a partir das 12,30 horas, a entrega de premios da sexta edición do concurso para escolares de debuxos e ilustracións de cubertas da Fundación Carlos Casares e do Concello. Este ano, os debuxos irán adicados a “Toribio revoluciona o tráfico”, no 30º aniversario da publicación desta obra de Casares. En canto o certame de cubertas, leva por nome “Unha cuberta para Luísa Villalta”.

Amenizará musicalmente a escola de gaitas e percusión de Xinzo. Á 13,00 horas, a limiá Sabela Álvarez Veloso, autora de “El bosque rojo”, lerá fragmentos da obra de Villalta.

Á tarde, ás 18,30 horas, haberá un concerto a cargo da Agrupación Musical da Limia e da Coral Santa Mariña. Durante todo o venres 17, a venda de libros en galego contará cun desconto do 20% na Praza e máis nas librarías adheridas.

Te puede interesar