RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
MÁZCARAS E BOMBOS
A corna, xunto coas chocas das Mázcaras e o forte retumbar dos bombos, gadañas e aixadas do Fulión da Mourela, soaban con forza nas rúas da aldea de Palleirós, na primeira noite do Entroido en Manzaneda.
O comezo do evento viña marcado pola tradicional petición de permiso en verso do fulión visitante, que era recibido polas Mázcaras e os veciños da aldea na entrada da localidade na noite do 31 de xaneiro. A resposta en verso da xente de Palleirós daba paso á celebración, facendo que o fulión tomase vida e se lanzase nunha longa andaina, coas paradas en cada casa e adegas nas que se repoñían forzas.
Un momento para a confraternización, no cal a veciñanza de Palleirós ofreceu bebidas, doces e outros manxares para agasallar aos visitantes. Así arrincaba o Entroido tradicional nas terras de Manzaneda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas