FEIRA ENOLÓXICA

Os viños da DO Monterrei estarán presentes nun "showroom" en Málaga

Denominación de Orixe Monterrei.
photo_camera Denominación de Orixe Monterrei.
Os viños tintos e brancos que compoñen a Denominación de Orixe Monterrei estarán presentes mañá luns, 29 de abril, nun “showroom” na cidade andaluza de Málaga.

Esta feira de día, denominada “Experiencia Verema”, e destinada tanto a profesionais como a amantes do viño, será unha oportunidade para achegar os viños da comarca de Monterrei ao público malagueño.

O evento, que terá lugar no Gran Hotel Miramar de Málaga e celebra a súa novena edición, marca a primera participación da DO Monterrei nesta feira enolóxica de recoñecido prestixio.

As “Experiencias Verema” son unha serie de eventos que teñen por obxectivo ofrecer un punto de encontro entre productores e consumidores. Neste sentido, os asistentes da cita malagueña poderán coñecer as elaboracións das 29 adegas inscritas no Consello Regulador.

Os viñedos da DO Monterrei ocupan un total de 720 hectáreas nas que traballan 375 viticultores.

Te puede interesar