LETRAS GALEGAS

Obradoiros, teatro e música, para celebrar as Letras Galegas en Ribadavia

Contacontos en Ribadavia.
photo_camera Contacontos en Ribadavia.
O día 17, ás 12,30 horas, no salón de plenos, haberá unha lectura da obra de Luisa Villalta, contando coa aula municipal de teatro

La Concellería de Cultura de Ribadavia ofrece neste mes de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, unha completa programación de actividades, dirixidas na súa maioría aos nenos. Obradoiros, xogos, lecturas da obra de Luisa Villalta e actuacións musicais, son algunhas das iniciativas culturais e de ocio, que terán o 17 de maio como xornada central.

Ademais, nas librarías Goyma e Mafranch, os clientes tamén disfrutarán de descontos dun 20% na compra de libros.

Desta maneira, a programación arranca o día 13 coa presentación do libro “O cocodrilo sen rabo”, de Modesto Martínez Carballal, ás 11,00 horas, no CEIP Ribadavia; continuando ao día seguinte co obradoiro-contacontos “Día mundial das aves migratorias”, na sala infantil da Biblioteca municipal, ás 17,00 horas.

Xogos

Para a xornada do 16 están previstas varias actividades como a Busca do Tesouro de Luisa, no CEIP Ribadavia, para nenos de 9 e 10 anos; tamén Misión imposible de Villalta, de 17,30 ás 19,00 horas, para nenos entre os 11 e 17 anos. Continuará a xornada cun obradoiro de marcapáxinas, na sala infantil da Biblioteca, entre as 16,00 e as 20,30 horas; concluíndo coa actividade Luisa Villalta: Adagio!, ás 18,00 horas, nos Xardinillos (na Casa da Cutura, en caso de choiva), dirixida a un público familiar, con nenos a partir dos 4 anos.

Xa no día grande das Letras Galegas, a actividade comezará ás 12,30 horas, no salón de plenos do Concello de Ribadavia, cunha lectura da obra de Luisa Villalta, contando coa colaboración da Aula municipal de Teatro.

Nesa mesma xornada haberá representacións teatrais na localidade de Francelos: “Os fillos do labrego”, de Valparaíso, e “A casa dos porcos”, de Anaquiños de Francelos, na Fontiña Mariña, ás 18,00 horas.

A programación do Concello de Ribadavia remata coa actuación musical de ACF O Fiadeiro, ás 19,30 horas, na Praza Maior.

Te puede interesar