FORO LA REGIÓN

Lucía Ferreiro Fernández: “Síntome con alegría e gratitude pola homenaxe en Parada"

A neumóloga Lucía Ferreiro Fernández.
photo_camera A neumóloga Lucía Ferreiro Fernández.
Lucía Ferreiro é xefa da Unidade de Tuberculosis do CHUS, e este ano será homenaxeada este ano polas Letras Galegas no Concello de Parada de Sil

Lucía Ferreiro é a xove doutora que será homenaxeada este ano polas Letras Galegas no Concello de Parada de Sil. A neumóloga e xefa da Unidade de Tuberculosis do CHUS, ten as súas orixes neste concello, seus pais son de Sacardebois e ela sempre estivo moi vencellada ao municipio. Ferreiro, que actualmente traballa e reside en Santiago, recibe esta honra mañá, rodeada de veciños e familiares.

Cómo recibiu a nova de ser a elexida este ano polo Concello?

Pois recibín unha chamada do alcalde alá polo mes de febreiro e a verdade, foi unha sensación extraña. Sentín alegría e gratitude por pensar en min para este recoñecemento, pero por outro lado a vertixe e nervios, xa que normalmente estes recoñecementos sempre son a xente con unha longa traxectoria ou incluso de xeito póstumo, e que me elexiran a min con pouco máis de 40 anos, da algo de vertixe. 

Cal é a súa relación con Parada de Sil?

Eu nacín e fun a escola en Ourense, pero miña nai e meu pai son os dous de Parada de Sil, entón sempre pasei alí fins de semana e vacacións e ía sempre que podía, gústame moito. Agora ás veces por traballo vou menos do que quixera, pero teño alí a miña avoa e cada vez que podo vou. Si me sinto moi ligada a Sacardebois.

Entón, ser a homenaxeada este ano é todo un orgullo.

Din que este é un recoñecemento a unha persoa relevante para este concello, así que claro que é orgullo. Aínda que teño falado en público máis veces, sei que estarei nerviosa ao verme rodeada da familia e na miña casa. 

Vostede é unha persoa relevante non só para o Concello, senón en patoloxía da pleura, non si?

Según o portal Expertscape, na súa lista sinaláronme no posto 12 a nivel mundial, 7 a nivel europeo e a segunda de España como expertos en patoloxía da pleura.

É vostede actualmente a xefa da Unidade de Tuberculose en Santiago?

A min máis que xefa gústame decir responsable que xefa. No 2013 púxose en marcha a consulta de tuberculose, ben estructurada e ben montada, pero que eu estea ahí tamén é grazas a ter un bo equipo e a que no seu día, o doutor Valdés aliñou a investigación nos derrames de pleurais, 

Ademais de consultar a pacientes con patoloxías de pleura vostede tamén ten feito diversas publicacións en canto ao derrame pleural e investigacións en neumología?

Si, de feito unha consulta que medrou moito foi a de pleura, que é distinto da tuberculose. A xente di “fulanito tuvo pleura” porque antes era moi frecuente a tuberculose e que iso dese derrame na pleura, pero agora, con diferencia, a causa mais frecuente de derrame pleural que vemos na consulta é por cáncer. A incidencia de tuberculose baixou moito, de 72 casos por 100.000 habitantes nos anos 90 a menos de 12 casos no 2022. En canto a investigación levo máis de 70 publicacións en revistas e proxectos sobre a pleura.

Te puede interesar