CULTURA

Pecha o clube de lectura trivés "Furgando nos libros"

Membros do clube de lectura na excursión ás Cies.
photo_camera Membros do clube de lectura na excursión ás Cies.
O clube de lectura funcionaba en Trives dende o ano académico 2011/12

O ano escolar puxo fin e con el o clube de lectura do IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives.

Foi no ano académico 2011-2012 cando a coordinadora da biblioteca María del Carmen Isabel López Guerra poñía a andar “Furgando nos libros”, un clube de lectura que nacía con seis membros, chegando a acadar os 37 que tivo este curso, onde non solo está xente relacionada co centro, senon veciños de Trives e concellos limítrofes.

Cada 15 días a biblioteca do centro de ensino convertíase no lugar de reunións, onde tanto trataban sobre libros, como disfrutaban con diversos autores que lles presentaron as súas obras, e mesmo tiveron conferencias e diversas actuacións.

Cada curso tiña unha xornada de peche ata o vindeiro ano cunha divertida e familiar excursión, pero este ano foi moito máis especial. A súa coordinadora, Carmen López, marcha do centro trivés, onde leva exercendo de profesora desde o 2004 e iso fai que con ela se cerre este ciclo. “Voume coas ganas de que alguén colla o relevo, pero por agora ninguén o fixo”, explicaba a responsable do clube.

Unha viaxe ás Illas Cies dos membros do grupo e unha cea no bar O Bodegón con agasallos sorpresas para a coordinadora foi a emotiva celebración para este peche, que se espera sexa temporal, de “Furgando nos libros”.

Te puede interesar