Ex deputados achegaron a súa experiencia ás aulas

Membros do centro educativo e ex deputados, acompañados dos alumnos participantes.
photo_camera Membros do centro educativo e ex deputados, acompañados dos alumnos participantes.

“A política é necesaria, é o que cambia as condicións de vida da xente, pero a xuventude non cree nela, en parte porque nós, os políticos, participamos na súa devaluación, polo que temos a misión de transmitir qué significa de verdade”. Así explicou a ex deputada nacionalista María González Albert, o sentido da charla-coloquio que se impartiu onte no colexio Divina Pastora do Barco, no seu debut como colaboradora do programa proposto polo Parlamento Galego. Compartiu a súa experiencia Albert, ao carón de outros dous parlamentarios, o popular Roberto Castro García, e o socialista Manuel Luis Rodríguez González, que comezaron dando resposta á pregunta de cando decidiron adicar gran parte da súa vida á política. 

Acompañados da directora do centro, María del Carmen Páramo, e do mestre que xestou a participación dos alumnos na actividade, José Manuel Iglesias Vilariño, os alumnos dos últimos cursos do centro tiveron a oportunidade de escoitar as experiencias dos tres ex parlamentarios participantes e entrar nun interesante debate.

Te puede interesar