Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
O cheiro a licor café asolaga os momentos festivos dos ourensáns; o seu sabor doce e cremoso, xa non digamos.
É a bebida alcohólica de alta gradación (15-40º) que máis une na provincia, sempre está presente sexa o contexto que sexa. Baixa lento pola gorxa ata pousar, e aí é cando un dáse conta de que, excepcións aparte, ten algo de especial. Xa sexa caseiro ou de produción industrial, tanto os oriúndos como os estranxeiros catalogan o “elixir” de Ourense como o mellor de Galicia, os expertos corrobórano.
É recorrente ao falar de bebidas alcohólicas citar ao rei Sabio, Don Alfonso X, quen xa encomiaba no seu tempo as bondades dos caldos ourensáns. Co paso do tempo e aproveitando esa calidade de uva, na provincia foise desenvolvendo unha importante industria dedicada á elaboración e mellora duns viños que actualmente gozan de gran prestixio a nivel mundial.
Xunto a estes caldos, Ourense sempre tivo unha gran tradición nos destilados e, sobre todo, os derivados do bagazo. Hoxe imos tentar lembrar algúns destes produtos dos que a maioría foron vencendo o paso do tempo e con moi poucas variacións continúan acompañando nas sobremesas e faladoiros de moitos de nós.
O rei destes licores, ao que se atribuíron calidades como dixestivo, tónico, antitusivo e “man de santo” para arrefriados, entre outras moitas, é sen dúbida o licor café (a máis coñecida deste tipo de bebidas é a queimada, pero non me atrevo a considerala soamente ourensá, por ser patrimonio de todos os galegos). Sorprenderavos coñecer o fácil que segundo os nosos avós era a súa elaboración en caso de urxencia: Nunha cunca de barro se é posible poñemos todo ou augardente que consideremos que se vai a consumir. E un “moito máis” xa que sempre queda escaso. Engadimos azucre en cantidade, ao gusto dous consumidores, e prendémoslle lume mentres removemos para axudar a desfacer ou azucre, cando empece a afrouxar a chama, ver encima dá cunca ou contido dunha cafeteira de café recén feito que remate por apagar a chama, remóvese lixeramente e sérvese en recipientes pequenos.
Esta fórmula, que segundo contan curaba todos os males e permitía estar sete días sen durmir, estaba moi en boga alá polos comezos do século XX, recibindo o nome non oficial de calloubada (1916, Vilar de Barrio).
Lembrade que recoméndase o consumo responsable de todas as bebidas aquí citadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas