Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Na quenda de preguntas dos asistentes aoForo La Región, Miguel Anxo Bastos tratou cuestións como a amnistía acordada na Comisión de Xustiza do Congreso. “Os dereitos dentro da clase política son tratados de xeito distinto que os do resto da poboación, son coma compañeiros de clase, están todo o día alí”, bromeou. Con todo, dixo non ter dúbida de que había que “amañalo”: “Dunha forma máis fina, pero creo que o farían todos, máis ou menos”.
Bastos falou tamén sobre as eleccións galegas do 18F, nas que o PP renovou a maioría absoluta, o BNG medrou e o PSdeG esborrallouse. “O resultado foi o que a xente quixo”, resumiu antes de comentar a entrada de Sumar e Vox: “Non podes chegar a unha campaña coa campaña xa empezada”. Destacou o paradoxo de que os galegofalantes tendan a votar ao PP e os castelánfalantes, ao BNG.
Por outra banda, regresando ao comentario internacional, negou ver unha posible invasión de China a Taiwan. “Son máis astutos”, observou: “Unha guerra con Taiwan distorsionaría moito o mercado para unha ganancia tan exigua”. En canto á polémica presidencia de Nayib Bukele no Salvador, que Bastos foi reticente a comentar, sobre a campaña contra as maras -organizacións mafiosas- ironizou con que “alí a xente morría de medo coa tropa, polas fotos non tiñan moi boa pinta” e incidiu en que “a xente que vive alí xa escolleu”.
Nas respostas ao público, o profesor tamén defendeu a propiedade privada: “Para ter liberdade é necesario certo tipo de propiedade”. Sobre se o bitcoin podería chegar a ser o novo patrón ouro, recoñeceu que “para iso está deseñado” e explicou que a arquitectura desta criptomoeda imita a do ouro: “A cantidade é limitada, e para crear diñeiro novo hai que minalo. O patrón ouro non causa inflación porque é limitado”. Así e todo, Bastos dixo fiarse máis do ouro que do bitcoin, aínda que resaltou que “é unha moeda sen base estatal e é válido porque a xente o acepta”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas