GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
O Circo de Pinocho
Tiña oito anos cando foi a ver o Circo del Arte, de Miliki e o seu fillo Emilio Aragón. E dende aquela, Xandre Vázquez (Vigo, 1990) tomou a decisión de que quería dedicarse ao mundo do circo. Non como artista, senón como empresario e produtor. Tras fundar Educateatro, con 23 anos, e poñerse ao fronte do Circo Tamberlick a principios desta década, lanzouse á aventura de crear o primeiro circo en galego, no que todo o espectáculo se desenvolve integramente en galego, como galegos son a meirande parte dos seus integrantes.
Pregunta.Estudou xornalismo, carreira que nunca exerceu.
Respuesta.Parafraseando a Castelao: “fixen xornalismo por amor aos meus pais pero nunca o exercín por amor á humanidade”. Tiña claro que quería facer unha carreira e ir á universidade, entre outras cousas para estar catro anos en Santiago, pero daquela, que xa tiña claro que quería dedicarme ao circo, ao teatro e ao espectáculo, tampouco había moita formación universitaria que servira para iso. Certo, había Arte Dramático, pero eu non quería ser actor e non sabía que había ciclos dedicados á produción, así que optei por xornalismo. Tan pronto como rematei a carreira, montei Educateatro. Aínda que o meu soño era montar un circo, fundar unha compañía de teatro parecíame un paso intermedio necesario.
P.En que sentido?
R.Para ir collendo dinámica e, de paso, facer cartos cos que facer fronte aos custos que supón poñer en marcha un circo.
P.O certo é que colleitou moitos éxitos, non si?
R.En xaneiro pasado fixemos once anos dende a estrea do noso primeiro musical, “Os tres porquiños”, ao que logo seguiu “Carapuchiña vermella” e “O mundo máxico de Pinocho”. Creo que o éxito destas producións débese a que son espectáculos de calidade, moi coidados na posta en escena, textos e música, e os rapaces disfrutan moito deles.
P.Poucas producións levan tantas tempadas en cartel.
R.Nós temos unha vantaxe: o noso público renóvase cada tres ou catro anos. Os rapaces e rapazas que foron espectadores das primeiras tempadas xa están a piques de entrar na universidade. Eu confío que algún deles volverán dentro de dez anos a ver os musicais, traendo aos seus fillos.
P.E o cuarto espectáculo de Educateatro nace xa baixo a carpa dun circo.
R.O terceiro foi “O mundo máxico de Pinocho”, que remataba con Pinocho converténdose nun neno de verdade e querendo montar un circo, que era o soño da súa vida.
P.O soño de Pinocho ou de Xandre Vázquez?
R.Efectivamente. O meu soño dende que a miña nai tivo a terrible idea de levarme a ver o Circo del Arte de Miliki e Emilio Aragón en Samil. Cando saín de alí, pensei: “Non sei que acabo de ver, pero cando sexa maior quero dedicarme a isto”. A partir de aí tiveno claro.
P.Xornalismo, teatro, circo... non lle parece que ao final escolleu a opción máis complicada?
R.Non a cambio por nada. Non cambio o que se vive no día a día nun circo por ningunha outra cousa, malia que haxa momentos nos que te queres pegar un tiro ou tirarte por un terraplén porque non hai máis que dramas. Aquí hai que estar 24 horas ao día, sete días á semana. Mentres a carpa está montada, pode vir un temporal, como ocorreu con “Martinho” a semana pasada, que fixo que toda a compañía estivera esperta toda a noite porque o vento foi terrible. A vida no circo é moi dura. Dou fe de que é tan dura ou máis do que se imaxina a xente. Pero tamén ten a parte gratificante: pese a todos eses sacrificios, paga a pena, cando chega o final do espectáculo e ves as caras de felicidade e recibes os aplausos do público. E fíxate que todos os que formamos o equipo do Circo de Pinocho chegamos a esta aventura de novo. Ninguén é fillo ou neto de artistas de circo.
P.Como naceu este circo? Son moitos elementos, imaxino que sería complicado.
R.Empezamos buscando todo o material necesario. Luz e son xa os tiña do teatro. Facía falta unha carpa, unha pista, un hall, unha grada, un bar, baños... Ao final son os mesmos elementos que un teatro, só que ao teatro vas a mesa posta e aquí hai que facela. A pista era miña, a carpa estaba á venda en Polonia e alá fomos. O bar merqueillo a un feirante de Baracaldo, o hall era a cuadra dun elefante e fun buscala preto de Toulouse, a grada está feita por encarga en Italia... Xuntando todas as pezas e dándolle a estética que queríamos, chegamos a este resultado que, malia que haxa cousas reaproveitadas, está todo pensado para facer un circo acolledor e, sobre todo, cómodo para o público.
P.É un circo pequeno. Por algunha razón?
R.Como somos galegos, é un circo riquiño. Está pensado para que a distancia entre a última fila da grada e a pista non sexa moita e o público poida ver ben o espectáculo. Ademais, cunhas dimensións máis reducidas podemos montalo en sitios onde non cabería un circo grande. Penso que o tempo dos circos grandes xa pasou. Aqueles circos de tres pistas, con animais e moitos remolques... Como todos os espectáculos, os circos teñen que evolucionar e adaptarse aos novos tempos. Hoxe en día, o importante non é o tamaño, senón a calidade do espectáculo.
P.É o primeiro circo en galego?
R.Así é. Non é o primeiro circo galego. Galicia e, nomeadamente, a provincia de Ourense, teñen moita tradición circense. Penso no Circo Feijoo, no Circo da Cidade dos Muchachos... Pero si é o primeiro circo cun espectáculo en galego, como galegos somos a meirande parte dos seus integrantes. Parecía o natural. Educateatro sempre fixo espectáculos en galego e dende logo non dubidamos que o circo tamén fose así. Forma parte da nosa identidade e da nosa aposta pola cultura galega.
P.Como é o espectáculo?
R.O Circo de Pinocho mestura, eu penso que á perfección, o teatro musical co circo máis clásico. Conta cunha escolma dos números de circo máis clásicos pero dentro dunha unidade. Non queríamos que fora unha concatenación de números. Hai unha dramaturxia, unha historia que empeza porque empeza e acaba porque acaba. E até nos imos ao descanso porque hai un problema moi grave.
P.E a trama?
R.Unha vez que Pinocho logra ser un neno de verdade, decide montar un circo. E conta coa axuda de Geppetto, que fai os títeres dos personaxes, e da Fada Mi Madriña, que co seu conxuro vailles dar vida para que sexan os artistas do circo. O que acontece é que, como en toda historia, no circo sempre hai un drama: ese mesmo conxuro vai facer que Pinocho volva ser un boneco de madeira. Durante o espectáculo, os nenos e nenas terán que axudar a Pinocho a atopar a Fada Mi Madriña para que poida reverter ese conxuro. E máis cousas que non conto!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
LAS PARISINAS PYTHIES
El público ourensano será testigo de una combinación única de rock feminista y brujería
UN PROFESIONAL COMPLETO
Lucky Seoane, un compromiso con el bienestar emocional a través del cuidado personal
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Arrhythmia
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas