O BNG de Monterrei sinala a “folga encuberta” da empresa de recollida do lixo

SERVIZO MUNICIPAL

O BNG no Concello de Monterrei apunta a que os traballadores da empresa de recollido do lixo "están nunha situación insostible"

Lixo sen recoller no concello de Monterrei.
Lixo sen recoller no concello de Monterrei.

O voceiro do BNG no Concello de Monterrei, Alberto Rodríguez, denuncia a “folga encuberta” que segundo el realiza a empresa do lixo, e que se traduce nunha “situación lamentable, con días sen pasar a recoller os refugallos, todo ciscado polo chan, cambian os contenedores de ubicación e a meirande parte destes están rotos”.

Para Rodríguez, o problema radica en que “os traballadores están nunha situación insostible ao non cobrar o que lles pertence”, polo que piden que “o seu estado laboral sexa valorado”.

O nacionalista solicita ao grupo de goberno que habilite “puntos de recollida do lixo, substitúa os contenedores estragados e negocie coa empresa para que mellore o seu servizo”.

Novidades "en breve"

Pola súa banda, o alcalde José Luis Suárez asegura que “en breve” haberá novidades sobre o servizo do lixo prestado dende a Mancomunidade, no que restan Cualedro, Laza e Monterrei.

Contenido patrocinado

stats