Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Todos os informativos falan das andanzas do Campechano e dos seus amoríos extramatrimoniais, dos audios nos que comentaba, con esa señora, sobor dos gobernantes deste país, etc. E diante tal nova, axiña veume á mente o libro de Javier Moro “El Imperio eres tú”. Nesa novela de tipo histórico relatase que o rei de Portugal, temendo unha invasión de Napoleón, manda o seu fillo Pedro I de 23 anos e casado coa princesa Leopoldina de Austria a exercer o poder nesas terras de ultramar. Terras que hoxe coñecemos como Brasil. Pedro I é un home que lle gustan as saias, e despois de moitas andanzas e avatares coñece a unha moza chamada Domitila de Castro da que se enamora e vive con ela preto da residencia oficial. Deses amoríos nace un fillo.
A frase de que todos somos iguais (incluíndose) diante a lei, na súa boca sona a mentira, sona a fariseísmo, sona a teatro barato, sona a hipocresía
Mais a súa dona, Leopoldina, sigue facendo as tarefas que lle son propias dunha raíña con toda normalidade, pois é sabedora das aventuras que ten o seu home. Mais foi educada para ser unha muller cumpridora e fiel. O libro remata coa caída do reinado e a chegada da república. Pedro I de Portugal , cando morre, deixoulle a Domitila un bo legado para que vivira ben co seu fillo. Pedro pasou á historia xunto a súa muller Leopoldina como un rei emperador que fundou o Brasil actual como estado e as súas andanzas coas mulleres quedaron esquecidas.
Pois ben, sei que o caso do Campechano no pasará á historia como o que lle deu unidade a España actual, pois el colleu a coroa da man do ditador, mais pasará como un gobernante que, por moito que o queiran branquear algúns, non foi o exemplo do cidadán que cumpriu con todas as normas legais vixentes no Estado; ademais, non tivo a ética e sinceridade que dun rei se espera cos seus cidadáns. A frase de que todos somos iguais (incluíndose) diante a lei, na súa boca sona a mentira, sona a fariseísmo, sona a teatro barato, sona a hipocresía. E as súas andanzas tras das saias e os fraudes ó fisco, xunto ó agochamento da fortuna noutros países, por moito que digan que o rei non é imputabel, non deixan de ser un mal exemplo para todos os cidadáns que cumprimos coa lei. Ademais, se tanto barullo hai cos políticos, porque alguén cobra comisións aproveitándose do poder, que exemplo recibimos se sabemos que o xefe de Estado tamén andivo nesa lea?
Pode que a historia o poña como o que salvou a democracia, afirmación que ten moitos matices, silencios e incluso versións diferentes e moi contrarias, pois creo que coa presión social a democracia chegaría igual a esta terra máis cedo que tarde, aínda que os nostálxicos da ditadura se opuxeran.
Con todo, o que poida dicir a historia nun futuro para os cidadáns de hoxe, e sobor de todos para os máis novos, o que no seu día dixo o senador vasco Iñasagasti quedou moi corto co que realmente sae á luz nestes días. Este monarca xa non é exemplo de nada.
As veces, os cidadáns máis humildes é normais decatámonos de que vivimos nunha sociedade moi farisea, onde o esperpento de Valle Inclán é unha realidade que non deixa de darnos sorpresas. Moitas veces dinnos que vivimos todos, como din os cregos, entre sepulcros branqueados. E eso é moi triste. En fin, Pedro I de Portugal pasou a historia sen que se falase das súas andanzas coas mulleres e o Campechano, os que escriban á súa historia e falen del, pasará como o rei que salvou a democracia. Pero os cidadáns de hoxe verémolo como unha persoa que predicaba unha cousa e facía outra ben distinta. Agora soamente lle falta que lle apareza algún fillo extra, e despois de pagar cos cartos non se sabe de quen as súas andanzas coas señoras, pois saibamos que a estas lles deixa unha boa minuta para que vivan moi ben, como fixo Pedro I. Vexan logo o paralelismo entre os monarcas, e verán que todos eles, por seren inviolables, fan o que lles peta e rinse dos demais mortais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
FÚTBOL SALA FEMENINO
El Ontime vuelve a la liga listo para estrenarse fuera
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas