Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
Parece que Jácome respira e case se ri de todos os compoñentes da corporación deste noso Concello. Un simple amago de moción na Deputación chegou para que os populares colleran medo a perder parte do poder e apoiaran todas as modificacións de creto que propoñía o atrevido e pintoresco alcalde. E visto o panorama que hai no Concello, véñenme a memoria as verbas que me dixeron persoas as que teño en grande estima non so pola súas opinións: Jácome é o máis atrevido e xoga as súas bazas mellor cós populares e co resto da oposición.
O que acontece nesta cidade é pra ollalo con tristura e case chorar. Vexamos: todos os compoñentes da corporación, agás os que seguen no grupo de DO, están contra un alcalde que, despois dos desvaríos, insultos e da súa maneira atrevida de gobernar, mófase dos que o apoian e tamén dos outros. Un persoeiro que ten no seu haber deixar tirados ós populares despois que lle aprobaran os presupostos e seguir no poder con tres membros do seu partido case tres anos merece o adxectivo de ser unha persoa moi ousada. Ou sexa, gobernar a cidade en absoluta minoría sinala tamén a debilidade dos demais. E neses anos onde a anormalidade mandaba, a oposición non foi capaz de quitalo do poder. Os intereses partidarios, sobor de todo dos populares, puxéronse por riba dos intereses da maioría dos ourensáns logo, na seguinte convocatoria electoral, este persoeiro quitou dez concelleiros e co apoio outra vez dos populares acadou de novo a alcaldía.
Esta é a situación na que está o Concello. Un goberno en minoría que non é capaz de buscar acordos que lle dean estabilidade e tampouco de aprobar uns presupostos.
Mentres, segundo os diversos portavoces dos grupos nesa institución, todo anda maga por ombreiro. Vamos, que todo funciona moi mal. Despois de moitas andanzas e de que saíran á luz unhas conversas (audios) que a Xustiza deu por válidos, houbo un intento de moción de censura que, polas liñas roxas duns e as imposicións doutros, quedou en auga de borralla. E chegamos ó momento actual cos funcionarios en folga intermitente, aínda que o asunto decae. E cun goberno sen capacidade pra afrontar os grandes problemas que ten a cidade e moitos millóns de euros en facturas sen pagar. E Jácome fai un amago de moción de censura na Deputación e axiña os que criticaban as súas propostas e forma de gobernar, no canto de poñer terra por medio e plantarlle cara, ábrense e dan por bo o farol e xustifican o apoio a todas as modificacións de creto que propón este alcalde. Pouco que dicir diante esta maneira de actuar, polo que as preguntan saltan á vista. A primeira é: se Jácome goberna tan mal o Concello como di toda a oposición, contando o PP, por que lle entran ó xogo dando por válido o farol da moción? Acaso pensan que iba en serio? Os populares xustifican o apoio ás modificacións, e seica o fan polo ben dos ourensáns, e todo a sabendas do que lles fixo no mandato anterior. Pode que apoiar o plan dos funcionarios teña certo sentido. Pero o demais non.
O que acontece no Concello segue a ser de chiste.
Semella unha comedia bufa onde o desprestixio da política, e neste caso dos representas elixidos, é tan evidente que case da noxo. O que ocorre nesa casa de todos supera todas as previsións, e deixa claro que os intereses dos cidadáns están ao marxe dos representantes electos. O demais, o que acontece nos plenos, é unha caricatura, un esperpento, pois o que antes era malo para a cidade non vai cambiar nin trocar o rumbo porque lle aproben unhas modificacións de creto.
E diante este espectáculo sae á luz a inxenuidade e o medo dos populares a perderen cotas de poder, e tamén a pouca capacidade do resto da oposición, que perdeu o contacto coa xente da rúa, pois ás veces, por querer tanto, queda sen nada. E, pola contra, con esta baixada de pantalóns, engrandécese a figura do pillaban que neste caso é o alcalde, pois cun amago de moción logrou o seu obxectivo e seguirá gobernando e trampeando ao seu antollo. Moitos ourensáns percibimos que a vida local ten certa semellanza a un xogo de “trileiros” onde o máis pillo sempre sae gañando e os cidadáns... que se amolen.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas