Apocalipse zombi ‘á galega’

Publicado: 07 nov 2024 - 23:09 Actualizado: 07 nov 2024 - 23:10

Non es ti que elixes o Apocalipse, el faio contigo. Inesperada, na maioría dos casos, irrompe nas nosas vidas para revolucionalo todo. ‘Apocalipse’ é un termo que chega do grego ‘Apocçalupsis’, que significa ‘revelación’, ‘quitar o velo’. Tamén Apocalipse é o título do último libro da biblia cristián, coñecido como Revelación. É un texto críptico e hai varias teorías sobre a súa xénese, incluso que foi retocado por distintas mans en épocas diferentes, non so por San Xoán de Patmos. ‘Apocalipse’ é unha palabra que, xunto a ‘zombi’, revela un imaxinario catastrófico, un escenario horroroso, que moitas películas e series, desde La noche de los muertos vivientes de George A. Romero (1968) ata as 11 tempadas de The Walking Dead, relataron en profundidade e desde diferentes perspectivas.

O filme Apocalispis Z: el principio del fin, dirixido por Carles Torrens, inspirado no libro do pontevedrés Manel Loureiro, chegou á plataforma de Amazon Prime o fin de semana pasado. E ofrécenos unha variación ‘á galega’ sobre a apocalipse terrorífica.

Gravada en localizacións da provincia de Pontevedra – a Ponte de Rande, a fábrica de Ence, o Hospital Meixoeiro, a ría de Vigo, entre outros – a película comeza cunha premisa ultraobvia: a improvisa chegada dunha epidemia letal que transforma a xente en zombis. A partir de alí, o filme céntrase sobre as relacións humanas. A calamidade vaise sobrelevar sempre desde o punto de vista do protagonista, Manel (Francisco Ortiz), un avogado de mediana idade, amante da pesca, que vive nas aforas de Pontevedra. Sen ter coñecementos de artes marciais nin posuír un arsenal na casa - só cun fusil de pesca submarina e vestido cun traxe de neopreno - terá que recorrer ao seu enxeño para sobrevivir xunto co seu gato...

Apocalispis Z: el principio del fin non é unha película novidosa, pero é correcta, formalmente bastante ben resolta. É unha demostración máis que a produción dun cine de xénero en Galicia é posible – na plataforma, existe a posibilidade de seleccionar o idioma galego.

Ademais o final queda aberto. Deixa a posibilidade de que o filme se converta nunha triloxía seguindo o camiño trazado polo escritor. No século XXI, a pregunta ‘mellor o libro ou a película?’ - e o debate consecuente – está máis que superada, porque o cine e a literatura son dúas formas de artes distintas. De todo xeito, hai que recoñecer que o filme mantense bastante fiel á historia orixinal e quedarían outros libros para explorar. Como engadido, na película de Carles Torrens hai referencias voluntarias – e involuntarias - á contemporaneidade: sobre a recente pandemia mundial e tamén sobre unha mensaxe móbil sobre o estado de alarma que chega á poboación cando xa é demasiado tarde, entre outras.

Aquí, os zombis pertencen ao modelo dopado das criaturas velocistas de 28 días despues ou Resident Evil, máis que aos non mortos viventes lentos e patosos creados por Romero. Unha mágoa, porque George Romero tiña orixe galega – o seu avó era orixinario de Ferrolterra – e esta película puido ser unha forma de celebrar o seu regreso simbólico á Galicia, a través das criaturas que creou. Especulando un pouco máis... Quizais a idea do zombi veña dalgún conto escoitado de neno, por parte da súa familia galega, a partir dalgún relato mitolóxico sobre a Santa Compaña ou Santo André de Teixido... Pero sobre este ‘apocalipse’ privada aínda non chegou a revelarse.

“Marco”, una vida haciéndose pasar por víctima de los nazis

El cine español llena esta semana la cartelera en la que estará “Marco”, la cinta de Aitor Arregui y Joan Garaño, el debut de Carolina África con “Verano en diciembre”; y lo nuevo de Rafael Cortés con `”Amanece en Samaná”. El género de terror con sello español también estará presente en los cines con “Anatema” de Jimina Sabadu, y “The Book” de Bernardo Hernández. “El método Knox”, “El ángel de los pobres” y “La cocina”, son otras opciones cinematográficas para los próximos siete días, a los que se suma “Red one”, ya en los cines desde el miércoles 6 de noviembre.

Aitor Arregi y Jon Garaño dirigen “Marco”, el thriller dramático basado en hechos reales en el que Eduard Fernández da vida al carismático y convincente Enric Marco Batlle, que durante años fue capaz de mantener ante la opinión pública y su propia familia una mentira difícil de imaginar. Marco ascendió a la presidencia de la Asociación Española de Víctimas del Holocausto, donde se convirtió en una figura destacada y admirada por su supuesta valentía y sufrimiento en ese período. Hasta que un día un historiador descubre que su relato como deportado era completamente falso.

Contenido patrocinado

stats