Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
La habitación de al lado de Pedro Almodóvar é a película número 23 do director e foi o León de Ouro no último Festival de Venecia. O director manchego levaba tempo querendo filmar unha película en lingua inglesa, anunciouno oficialmente durante o Festival de Cannes do 2023 e ao principio do ano seguinte xa tiña asegurado a maioría do reparto e as datas da rodaxe. A historia do filme vira arredor de Ingrid (Julianne Moore), novelista de autoficción, e Martha (Tilda Swinton), reporteira de guerra. Ambas foron moi amigas na mocidade, traballaron na mesma revista, e volven atoparse nunha situación extrema.
La habitación de al lado, quizais polos escenarios estadounidenses, é a película de Almodóvar onde se aprecia máis a influencia de Douglas Sirk. Aínda máis pola presencia de Moore, a musa de Todd Haynes - outro director consagrado ao melodrama de Sirk. Pero o filme bebe tamén do cine europeo, de Ingmar Bergman sobre todo, tanto nos temas tratados como a nivel formal. La habitación de al lado é un filme de primeiros planos e de diálogos, e case completamente ao servizo das interpretacións das protagonistas.
Ao mesmo tempo, a pesar de estar gravada nos Estados Unidos, atopamos as cores e os decorados que se converten na marca estética distintiva do director manchego – esta vez o filme está fotografado estupendamente por Eduard Grau. Con todo isto, aínda tendo un equipo técnico e artístico excelente, a película resulta, en algún punto da narración, demasiado didascálica e reiterativa.
A morte e a memoria son temas recorrentes nas últimas longametraxes do director, e aquí volven con máis presenza. Neste sentido La habitación de al lado podería ser considerado a evolución natural de Dolor y Gloria (2019) e incluso, pola súa vocación política, de Madres paralelas (2021). Ao igual que Madres paralelas, La habitación de al lado quere ser un filme político porque reivindica unha morte digna e abre unha reflexión sobre o cambio climático. Pero no momento que explícita demasiado ás súas ideas, esquivando as complexidades, roza o panfleto.
Se en Madres Paralelas a citación do monólogo de Doña Rosita la soltera de Federico García Lorca resultaba o acerto literario, aquí temos a Los muertos James Joyce xunto con Dublineses (1987) de John Huston, que reconducen a historia a un nivel máis alto - o diálogo con Joyce fai que o filme chegue a un gran epílogo.
La habitación de al lado é a película máis crepuscular do director manchego, seguramente, ademais do León de Ouro, recibirá máis recoñecementos por parte da crítica e eloxios do seu público de aficionados - incluso hai posibilidades concretas que forme parte das quiniela dos próximos Premios Óscar. Pero quédase moi lonxe de obras mestras como Todo sobre mi madre (1999), Habla con ella (2002) ou incluso a máis recente Dolor y Gloria, este última un autorretrato moi sentido, crítico e honesto. En La habitación de al lado fálase moito da dor, pero as emocións están cinguidas baixo a forma.
El estreno de producciones españolas marcarán el final del mes de octubre en los cines en los que se podrán ver, a partir de este jueves 31 de octubre, “Escape”, “Salve María” o “Los Williams”, si bien no serán los únicos platos fuertes de la cartelera, a la que también llega “Anora”, reciente galardonada con la Palma de Oro en el Festival de Cannes.
En “Anora”, Sean Baker vuelve a retratar a personajes con problemas de drogas e inmersos en la prostitución. En esta ocasión, la protagonista, llamada Anora e interpretada por Mikey Madison, es una joven trabajadora sexual de Brooklyn y conoce al hijo de un oligarca ruso, con el que se casa a los pocos días de conocerse. Una noticia que en Rusia no se comprende y que lleva a los padres de su joven marido a intentar anular el matrimonio cueste lo que cueste.
Rodrigo Cortés regresa al cine y lo hace de la mano de “Escape”, una película que está protagonizada por Mario Casas, que encarna a N, un hombre estropeado y que busca no tener que tomar una sola decisión más en toda su vida. N solo quiere vivir en la cárcel y hará cuanto sea necesario para conseguirlo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas