O PP reclama un plan contra as ratas na cidade

RISCOS PARA SAÚDE PÚBLICA

O grupo municipal do PP solicita ao goberno local unha actuación urxente para controlar a proliferación de ratas no Casco Vello, alertando dos riscos para a saúde pública e pedindo unha limpeza e desinfección intensivas.

Ratas en el Casco Vello.
Ratas en el Casco Vello.

Ante os múltiples episodios advertidos pola veciñanza sobre a presenza de ratas en rúas do Casco Vello como Pizarro, San Francisco ou Lúa, o grupo municipal do PP solicita ao goberno local que actúe de inmediato ante a proliferación incontrolada dos roedores. Para os populares é unha situación de gravidade pois, tal e como alerta a edil Inma Moreiras, “a presenza de ratas sen control pode derivar nun problema serio de saúde pública porque estes animais son transmisores de enfermidades”

Desde o PP entenden que a superpoboación dos roedores se ve favorecida pola acumulación de lixo, a maleza sen limpar, o mal estado das zonas verdes, e sobre todo pola cantidade de edificios deteriorados e solares abandonados. Neste senso, solicitan ao goberno local “unha actuación integral e urxente intensificando a desinfección e desratización, e tamén realizando unha limpeza eficaz e regular dos espazos públicos”.

Contenido patrocinado

stats