Francisco Rodríguez: “O reino de Galiza foi a vítima propiciatoria da construción da idea de España nación única”

ENTREVISTA

Doutor en Filoloxía Románica e catedrático xubilado, Francisco Rodríguez (Ferrol, 1945) foi voceiro do BNG no Congreso en tres lexislaturas, de 1996 ao 2004

O expolítico, crítico literario e escritor Francisco Rodríguez.
O expolítico, crítico literario e escritor Francisco Rodríguez. | Cedida

Francisco Rodríguez tamén ten asimesmo unha gran traxectoria como crítico literario e historiador da literatura galega, e como escritor de ensaios e articulista.

Este xoves presenta na Casa da Cultura verinense, ás 19,30 horas, a segunda parte do seu ensaio “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza: A segunda metade do século XIV”, titulada “Un reino con clase dirixente”.

Pregunta.Que fitos relevantes descoñecemos da Galiza medieval?

Respuesta.Pois que Galiza foi o reino cristián orixinario da Península Ibérica fronte ao mundo musulmán. E non fomos nunca un apéndice nin de Asturias, nin de León. Máis ben entran no concepto da Galiza extensa, da Gallaecia romana. E quen quedou co nome da Gallaecia? Galiza contou con reis propios, de orixe galega, que saíron da clase dirixente galega. E temos unha historia medieval propia, unha arte, unha cultura, que se reflicten nas pegadas históricas en pedra, e nos cancioneiros galego-portugueses.

P.Por que se agocha a importancia do reino galego medieval?

R.A historia oficial está o servizo da construción da idea de España, nación única. E a vítima propiciatoria foi Galiza, xa que a nosa historia é incompatíbel coa que contan eles. Como vai ser Galiza apéndice se é onde se inventa Santiago, o mito máis importante da cristiandade fronte ao mundo musulmán e Roma? Iso creouno unha clase dirixente con poder político. Non foi en Oviedo ou en León onde o fixeron.

Contenido patrocinado

stats