Vilar de Santos e Xunta compartirán proxectos
Puntos en común
Foi a primeira reunión oficial entre os organismos dende que Colmenero asumiu o cargo o pasado febreiro
O novo alcalde de Vilar de Santos, Rubén Colmenero, que tomou o poder o pasado mes de febreiro, reuniuse onte a mañá con Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense. Foi a primeira reunión oficial entre os organismos dende que Colmenero asumiu o cargo, e serviu para analizar as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Nesta reunión volvéronse a abrir as liñas de conversación establecidas polos anteriores gobernos e retomáronse temas pendentes, ademais de achegar novas ideas que en breve se converterán en proxectos para seguir mellorando os servizos do Concello. Manuel Pardo, logo de repasar estes asuntos de interese mutuo e avaliar as posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta”.
“Tiñamos pendente revisar a estrada principal, a Ou-531, xa temos un tramo bastante longo no que deberíamos controlar a velocidade”, puxo como exemplo o alcalde, e engadiu que hai outros temas pendentes tratándose cas Consellerías implicadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas
143 DÍAS EN EL MEDITERRÁNEO
España mantiene los días de pesca en 2026 tras acuerdo con la Unión Europea