Os limiaos descubrirán o xogo de mesa romano do muíño
Festa do Esquecemento
A Academia Galespace de Xinzo acollerá o 2 de maio un obradoiro infantil e xuvenil sobre o xogo romano do muíño, dentro dun proxecto educativo que culminará cunha final intermunicipal co Arde Lucus e que forma parte das actividades da XXV Festa do Esquecemento.
A Academia Galespace de Xinzo de Limia acollerá un obradoiro sobre o “xogo do muíño”, un popular xogo de mesa romano, organizado pola asociación cultural Civitas Limicorum, que é a encargada de organizar a Festa do Esquecemento, o venres 2 de maio, ás 10:00 horas.
Esta iniciativa é parte dun proxecto que este ano fixo sesións formativas nos dous centros públicos de Educación Primaria de Xinzo, e nos que o alumnado achegouse ás regras deste antigo xogo.
Sesións formativas
A actividade está dirixida a público infantil e xuvenil e forma parte dun proxecto máis amplo que comezou a principios deste ano 2025, con sesións formativas nos dous centros públicos de Educación Primaria de Xinzo: o CEIP Carlos Casares e o CEIP Rosalía de Castro. Ao longo destes meses, o alumnado puido achegarse á historia e o valor educativo deste ancestral xogo romano de estratexia.
O obxectivo final desta iniciativa será a celebración dunha gran final intermunicipal co alumnado participante do Arde Lucus (Lugo), prevista para o sábado 21 de xuño pola mañá en Xinzo de Limia, nun acto simbólico de colaboración entre ambas festas históricas.
Inscripción
A inscrición para o obradoiro do 2 de maio é gratuíta, mais debe realizarse previamente a través dun formulario en liña .
Este programa enmárcase nas actividades previas á XXV edición da Festa do Esquecemento, promovendo o coñecemento da historia e a participación activa da mocidade a través do xogo, a cooperación e a aprendizaxe lúdica. E todo elo no Annus Argenteus, que ten programado este 26 de abril a celebración da Festa Celta Beltané en Vilar de Santos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONCURSO GASTRONÓMICO
El Concello de Xinzo de Limia tilda el Patapas de “éxito” para la economía local
RECONOCIMIENTO
Xinzo entrega doce Premios da Cultura en la edición de 2025
Lo último
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas
143 DÍAS EN EL MEDITERRÁNEO
España mantiene los días de pesca en 2026 tras acuerdo con la Unión Europea