OBRAS DE MANTEMENTO

O Concello de Riós arranxa as fochancas na estrada de Vilariño das Touzas

Estado da estrada de Riós trala actuación.
photo_camera Estado da estrada de Riós trala actuación.
O Concello de Riós vén de rematar as obras de mellora do firme nun tramo da estrada de Vilariño das Touzas

Este vial enlaza coa estrada que vai a Vilardevós, e coa N525 en Fumaces. Desta obra beneficiaranse tamén os veciños de San Pedro de Pousada, Progo e Santabaia.

En declaracións da alcaldesa, Eva Barrio, a actuación levada a cabo consistiu en “tapar os baches e facer un mantemento nas zonas máis afectadas para que non pase outro inverno por este vial e se deteriore aínda máis”.

A financiación para esta reparación da estrada fíxose a través do “Plan Marco” de mellora de camiños municipais. Isto permitiu, segundo Barrio, que o custo da intervención “fora financiada pola Xunta de Galicia, máis unha achega da Deputación de Ourense, polo que o Concello foi quen de arranxar a estrada sen pór un euro”.

Te puede interesar