EDUCACIÓN

O BNG alerta da falta de prazas no IES Otero Pedrayo

Ourense. 17/09/2021. Reportaxe do Xornal Escolar do 1º día de clases no IES Otero Pedrayo.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Interior del IES Otero Pedrayo (Foto: Xesús Fariñas)
Noa Presas esixe unha aula máis á xunta para que 11 alumnos do Irmáns Villar non sexan obrigados a marchar da contorna

O BNG pediulle á  Xunta solucións ante a falta de prazas no IES Otero Pedrayo, “valorando mesmo a creación dunha aula máis que permita paliar a insuficiencia de prazas para cubrir a demanda do alumnado saínte de primaria do CEIP Irmáns Villar e do cal o IES é centro de referencia”. A deputada nacionalista Noa Presas lembrou onte que a  “a Anpa do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar vén de denunciar publicamente que, malia ter advertido en reiteradas ocasións á Xefatura Territorial de Educación, máis dunha ducia de alumnos terían que iniciar a súa etapa educativa de ESO no IES Otero Pedrayo, non contan inicialmente con praza debido ao insuficiente número ofertado no centro de referencia”.

No BNG teñen claro que esta situación obedece á “falta de planificación” da Xunta, que non tivo en conta a previsión con base aos datos demográficos e de ocupación dos centros adscritos ao centro de secundaria, sinalan. “A maior abastanza, o CEIP que maioritariamente está afectado atópase situado moi preto do IES, polo que loxicamente as e os nenos afectados viven na contorna máis inmediata”, engadiu Presas. 

Segundo a formación nacionalista, “é preciso que a Xunta reaccione co obxectivo de evitar que os nenos sexan separados da súa contorna para facer os catro cursos de secundaria co que isto implica tanto desde o punto de vista emocional e de ruptura coa contorna así como de dificultades de conciliación para as familias”.

Te puede interesar