Case 900 nenos de Ourense aprenden a comer de xeito máis san

Escolares aprenden a interpretar a información nutricional das etiquetas.
photo_camera Escolares aprenden a interpretar a información nutricional das etiquetas.
A obesidade infantil se está a converter nun serio problema 

Un grupo de investigadoras da Universidade de Vigo formou arredor de 850 rapaces para ser “consumidores responsables” de alimentos. A Facultade de Ciencias do Campus de Ourense acaba de rematar unha iniciativa que percorreu oito centros educativos da provincia. A través dunha serie de obradoiros prácticos, o alumnado aprendeu a interpretar a información nutricional que amosan as etiquetas dos alimentos procesados.

A actividade contou con financiamento do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, e foi impartida por un grupo de sete docentes investigadores do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do Campus ourensán.

O proxecto foi coordinado pola profesora Beatriz Cancho. A meta perseguida era que o alumnado adquirise habilidades que lles permitan escoller mellor os alimentos que consomen e ter unha alimentación máis saudable. Dende o equipo investigador explican que a obesidade infantil se está a converter nun serio problema de saúde público. De aí a relevancia deste tipo de intervencións.

Te puede interesar