Abertas as inscricións do mercado de artesanía “Arte da Man” de Allariz

Posto nunha edición pasada do mercado de artesanía.
photo_camera Posto nunha edición pasada do mercado de artesanía.
O Concello de Allariz celebrará unha nova edición do mercado de artesanía "Arte da Man" o vindeiro 8 de setembro

O mercado de artesanía “Arte da Man”, que vén organizando o Concello de Allariz a través da área de promoción económica, regresa este ano cunha nova edición. A data prevista, como xa vén sendo habitual, será a do segundo domingo do mes de setembro, que desta vez é o 8 de setembro

O obxectivo deste evento é, por unha banda, o da promoción e achega do  traballo dos artesáns locais. Por outro lado, a venda directa dos seus produtos, e tamén dos do resto de profesionais galegos convidados.

Con motivo da próxima celebración do “Arte da Man”, a organización vén asimesmo de publicar as bases de participación e de abrir o prazo de inscrición para todos aqueles artesáns cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia e desexen participar nesta edición.

O prazo de inscrición arranca hoxe martes e estará aberto ata o vindeiro día 2 de agosto. A inscrición debe formalizarse necesariamente a través dunha instancia xeral na Sede Electrónica do Concello. Os interesados tamén a poderán formalizar de xeito físico nas dependencias municipais, nomeanadamente no rexistro da vila.

As persoas organizadoras do evento serán os encargados de seleccionar aos participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e o oficio. No obstante, darase prioridade a aqueles participantes que amosen o seu oficio en vivo durante a duración da feira.

Te puede interesar