FIESTAS PATRONALES

San Bieito en Allariz: música e pirotecnia

undefined
San Bieito en Allariz: música e pirotecnia

Cristina Cid e Alberto Conde, alcaldesa de Allariz e concelleiro de Cultura, respectivamente, presentaron as actividades programadas para as Festas de San Bieito 2024. Os actos, organizados dende a área de cultura do Concello de Allariz, comezarán o xoves 11 de xullo e prolongaranse ata o domingo 14 de xullo. Preto de 15 actividades conforman a programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz neste 2024.

Teatro, coros, cabezudos...

Actividades como teatro, música de rúa, agrupacións corais, orquestras como Trébol e o Grupo Arizona, desfile de xigantes e cabezudos, actuación da Agrupación de Música Tradicional Candaria, da Banda Unión Musical de Allariz o do grupo De Pé Feito, centrarán parte dos actos programados para esta edición. Unha programación para todos os públicos que encherá un ano máis as rúas da vila de Allariz. As Festas de San Bieito deste 2024 rematarán, como xa é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:00 horas dende o Campo de Vilanova. Así mesmo dende o 2 ao 14 de xullo comezarán os actos relixiosos na honra de San Bieito, patrón da vila alaricana.

Te puede interesar