As asociacións culturais celebran 50 anos de Avantar

Reme Forneiro, Diego Fernández e Nani Blanco.
photo_camera Reme Forneiro, Diego Fernández e Nani Blanco.

A Agrupación Cultural Avantar celebra este ano o seu 50 aniversario e faino coa organización de diversas actividades, destacando entre elas a gala que se desenvolverá o próximo 6 de xullo no Auditorio Manuel María, a partir das 20,30 horas, e para a que a actual directiva conta con moitas das principais asociacións da vila, que así celebran tamén o nacemento desta entidade no ano 1974, en plena dictadura.

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, acompañou a Reme Forneiro e Nani Blanco, da directiva de Avantar, na presentación da gala, ás que felicitou por relanzar esta tradicional agrupación, ofrecéndolle o apoio do Concello, e referíndose a importancia do asociacionismo, polo que  “Carballiño está moi vivo, gracias a eles”.

Forneiro adiantaba a instauración do galardón Ernesto Atanasio “O Corcheiro”, un dos fundadores, que servirá de recoñecemento a persoas ou entidades que traballan a prol da cultura e da lingua.

Na gala participarán os grupos de teatro Tiruleque e Dar Trela; Cine Club e os alumnos do Chamoso Lamas presentarán unha proxección sobre Avantar; tamén se conta con O Leo, Isidro Vidal, Gabi Reboredo e Roberto Sobrado. Colaboran, ademais do Concello, a Asociación Fotográfica O Potiños e a Asociación Cultural Pepa Loba, xunto con numerosos negocios da vila.

Te puede interesar