Recentemente, o grupo de goberno da vila anunciou a contratación dunha empresa especializada na limpieza de graffiti mediante un contrato por importe de 48.000 euros. Agora reforzan a súa aposta con medidas complementarias coas que esperan atallar esta problemática.
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, confirmou o inicio inmediato da limpieza vial por parte dos servizos contratados, “esta semana ou a que vén, en canto teñan dispoñibilidade”.
Ademais, a corporación instalará tamén cámaras de vixilancia en diversos puntos que axuden a disuadir aos autores das pintadas, e mesmo saber quen está detrás delas. “Agora a prioridade é limpar e identificar ao autor ou autores destes actos vandálicos”, engade Seoane.
Respecto á contratación de máis membros para a Policía Local verinesa, unha das reclamacións da oposición, dende o Concello lembran que nestes momentos atópanse en proceso de negociación para a contratación de novos efectivos a través dunha Oferta Pública