FESTIVAL

Espírito Ribeiro combinará viño, música e gastronomía

Rodrigo Aparicio, Rebeca Sotelo, Abelino Pazos, Xosé Manuel Merelles, Manuel Prado, Rosendo Fernández, Concepción Iglesias e Juan Rivas na presentación do festival Espírito Ribeiro.
photo_camera Rodrigo Aparicio, Rebeca Sotelo, Abelino Pazos, Xosé Manuel Merelles, Manuel Prado, Rosendo Fernández, Concepción Iglesias e Juan Rivas na presentación do festival Espírito Ribeiro.
Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle ofrecen tres días de lecer coa cuarta edición deste festival

Os concellos de Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño ofrecen a cuarta edición do festival Espírito Ribeiro os próximos días 28, 29 e 30 de xuño, no que se combina a música e a gastronomía e viticultura, aderezada por unha selección de expositores de artesanía de Galicia.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e os alcaldes Rodrigo Aparicio, Rebeca Sotelo e Avelino Pazos, referiuse ao festival como unha proposta que mestura música, enoturismo e patrimonio, e unha “fórmula de éxito para contribuír á diversificación do turismo durante este verán”.
Durante os tres días e nos tres concellos contarase coas actuacións de Pancho Varona, MICALIP’S, Elton Song, Uxía Lambona e a Banda Molona e The Bigüis.

Merelles destacou a aposta que está a realizar o Goberno autonómico polo enoturismo e a enogastronomía, e que se constata en iniciativas como o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística e Enogastronomía de Galicia con fondos europeos Next Generation que inclúe estratexias en destino como a do Ribeiro-Carballiño cun investimento de 1,5 millóns de euros.

Te puede interesar