CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Trescentas cincuenta voces soaron no Castelo de Ribadavia

Actuación da actividade “No bico un cantar”, no Castelo de Ribadavia (M.P.)
photo_camera Actuación da actividade “No bico un cantar”, no Castelo de Ribadavia (M.P.)
El auditorio del castillo de Ribadavia fue escenario de un concierto de excepción en el que sonaron 350 voces de niños y niñas armonizadas por la batuta de Maximino Zumalave

As palabras de Otero Pedrayo, Risco e Álvaro de las Casas resoaron nas voces dos trescentos cincuenta nenos e nenas que encheron o Castelo de Ribadavia na oitava edición de “No bico un cantar”. “Esta é unha actividade moi querida por nós. Programámola pensando nas nenas e nenos que son os protagonistas do día, para que sexa unha experiencia rica e inesquecible”, apuntou a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, no inicio desta actividade que a institución organiza xunto coas consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e mais coa colaboración do Concello de Ribadavia.

O conselleiro de Cultura, José López Campos, destacou que este concerto en Ribadavia, que pecha unha xornada de convivencia e o traballo de todo un ano, “adobía con acerto música, lecer e patrimonio”.

Maximino Zumalave dirixiu este gran coro acompañado da formación de metais Hércules Brass.

Te puede interesar