UNIVERSITAS

Deféndese en Pará a primeira tese tutelada entre Vigo e Brasil

g1_opt
photo_camera Cernadas, primeiro pola esquerda, no intre da defensa da súa tese de doutoramento

O lingüista Carlos Cernadas fixo un estudo sobre a ensinanza do español no sistema universitario brasileiro
 

“A experiencia foi moi enriquecedora academicamente e abriume moitas portas en Brasil, por iso me gustaría animar a outros alumnos da Universidade de Vigo a que fagan os seus estudos nesta modalidade de doutoramento”. Así describe o investigador galego Carlos Cernadas a súa experiencia no Brasil, onde acaba de defender a súa tese de doutoramento, realizada en réxime de cotutela internacional nas universidades de Vigo e Federal do Pará, unha modalidade, a cotutela, “pola que a Universidade de Vigo está a apostar de forma decidida”, subliña o profesor Antonio García Pino, director de Eido, a Escola Internacional de Doutoramento da Universidade de Vigo, que explica que este tipo de teses xorden de liñas de investigación que se desenvolven entre grupos de distintas universidades e que o título se expide pola universidade na que se presenta a tese, neste caso Pará, pero ten recoñecemento nos dous países, España e Brasil neste exemplo concreto.


O caso de Carlos Cernadas é un dos últimos, pero non o único, só uns días despois da presentación da súa tese, defendeuse outra en Vigo, neste caso cotutelada coa universidade Blaise Pacal de Francia e, en anos anteriores, coa Cheik Ana Diop de Dakar e a Universita degli Studi di Salerno. Na actualidade atopáse en proceso de realización a tese dunha alumna do Programa de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados coa universidade belga KU Leuven.

Te puede interesar
Más en Universitas