ECOAGRO

O BNG de Xinzo de Limia reclama ao PP solucións aos regantes

Un campo de cultivos en Xinzo de Limia y su sistema de regadío.
photo_camera Un campo de cultivos en Xinzo de Limia y su sistema de regadío.
O tenente de alcalde de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, defende que "o PP ten un total apoio cos nosos agricultores"

Representantes do BNG en tódalas administracións autonómicas xuntáronse en Xinzo para esixirlle ó PP solucións inmediatas para un problema urxente. 

O BNG quéixase de que o Partido Popular deixe abandonados ós agricultores e propietarios das comunidades da zona sur do Concello de Xinzo, logo de moitas promesas electorais que “non se cumpren e, estamos vendo, que non se van cumprir”, di Camilo Vila, voceiro municipal do BNG.

O Partido Popular anunciaba recentemente que cambiaba o seu compromiso inicial, recoñecendo agora que asumirá o 20% do IVE a repartir entre Deputación provincial e Xunta de Galicia. Sonia Vidal, deputada autonómica do BNG, informou da presentación dunha iniciativa que será defendida na próxima sesión plenaria do Parlamento Galego ó tempo que o portavoz do grupo provincial do BNG en Ourense, Bernardo Varela, fará o propio na Deputación de Ourense. 

Camilo Vila defende a urxencia de repostas políticas nun momento crítico onde a campaña de patacas ten comezado dun xeito accidentado pola meteoroloxía, cuestión que provoca, por exemplo, heteroxeneidade nos ritmos e ciclos das producións.

O tenente de alcalde de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, defende que “o PP apoia totalmente os nosos agricultores. Queremos chegar a negociación máxima posible para chegar a un acordo da Xunta e o Goberno Central”.

Te puede interesar