VISIBILIZACIÓN

Mesa redonda en Entrimo sobre saúde mental no rural ourensán

Un momento da mesa redonda do acto de Feafes Galicia en Entrimo.
photo_camera Un momento da mesa redonda do acto de Feafes Galicia en Entrimo.
A Porta do Parque de Entrimo acolleu onte o acto de peche do segundo ano do programa Senda Pola Saúde Mental, un proxecto desenvolvido por Saúde Mental Feafes Galicia, coa financiación da Fundación “la Caixa”

Esta iniciativa presta apoio e acompañamento a 25 persoas con problemas de saúde mental e 13 familias en concellos da Baixa Limia, Terras de Celanova, A Pobra de Trives e Viana do Bolo.

O obxectivo e dar resposta ás necesidades de atención, apoio e acompañamento destas persoas nas zonas rurais do interior ourensán.

O acto contou coa presenza de Susan Santos Morales, xestora territorial de Fundación “la Caixa” en Galicia, Ramón Alonso López, alcalde de Entrimo, Teresa Barge Dapía, concelleira de Igualdade e Integración Social de Celanova, e Xosé Ramón Girón, presidente de Saúde Mental Feafes Galicia.

Compartir experiencias

Na mesa redonda interviron Félix Alonso, técnico de Saúde Mental Feafes Galicia, unha traballadora social do Centro de Saúde de Celanova, Bande e Entrimo, e dúas persoas usuarias do programa.

No coloquio explicaron as súas experiencias co programa Senda Pola Saúde Mental, e as vantaxes para ás persoas que fan uso del.

Para Alonso, a clave do programa é “achegar os recursos aos usuarios nas zonas illadas onde viven, evitando que só fixesen uso dos servizos de saúde mental cando existía unha desestabilización ou un internamento, o que lles obrigaba a desprazarse ata Ourense”.

Te puede interesar