DÍA INTERNACIONAL LGTBIQ+

Riós celebra o Día do Orgullo cunha mesa informativa

Edificio do Concello de Riós, coa bandeira do arco da vella.
photo_camera Edificio do Concello de Riós, coa bandeira do arco da vella.
O Concello do Riós celebra este venres, 28 de xuño, o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ baixo o lema “Riós Orgulloso!”

Centro de Información á Muller (CIM) estará cunha mesa informativa diante da praza do Concello, de 12,30 a 14,00 horas.

Todas as persoas que se animen a pasarse por alí e falar cos voluntarios recibirán ademais un agasallo. O obxectivo desta iniciativa é visibilizar a diversidade sexual e normalizala grazas á celebración do seu día, tamén no rural.

Para a alcaldesa riense, Eva Barrio, este é “un día igual que o resto dos 364 para defender a dignidade das persoas e expresar ao mundo que non existe unha única maneira de vivir o amor”.

Alén do CIM Conso Freiras e do Concello do Riós, colabora tamén a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

Te puede interesar