MÚSICA TRADICIONAL

Danza e son tradicional na praza García Barbón de Verín

Imaxe dos integrantes da asociación cultural folclórica O Fiadeiro.
photo_camera Imaxe dos integrantes da asociación cultural folclórica O Fiadeiro.
Este sábado, ás 12,00 horas, a praza García Barbón de Verín será o escenario dun concerto da asociación cultural folclórica O Fiadeiro

Esta entidade sen ánimo de lucro comprometida coa recuperación e promoción da cultura tradicional galega. Este espectáculo se enmarca dentro do programa Danza3, promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Dende a súa fundación en 1996, O Fiadeiro ten traballado arduamente na preservación dos bailes, músicas e cantares dos nosos devanceiros.

O seu obxectivo principal é transmitir esta rica tradición ás novas xeracións, organizando diversos espectáculos que levan ós escenarios a música, os cantares e as danzas tradicionais galegas.

Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro mostrará o seu amplo repertorio nun espectáculo único, que durará unha hora.

Para este evento, O Fiadeiro contará có grupo de baile, o grupo de pandereteiros, pandereteiras e a súa charanga, quen animarán á xente a participar e a observar a riqueza do noso patrimonio inmaterial.

Te puede interesar