SUMINISTRO DE AUGA

O BNG critica problemas de abastecemento en Albarellos

Fachada do Concello de Monterrei.
photo_camera Fachada do Concello de Monterrei.
O BNG do Concello de Monterrei, a través do seu concelleiro, Alberto Rodríguez, critica os problemas de escasez e abastacemento de auga que sufre a parroquia de Albarellos

Segundo Rodríguez sinala que isto vén acontecendo “dende hai moitos anos, por culpa das piscinas municipais”. O voceiro nacionalista afirma que hai varias zonas do pobo onde a presión da auga é insuficiente para tomar unha ducha, nomeanadamente nas rúas Rivela, Fontiñas, do Pau e da Cova.

O concelleiro do BNG tamén sinala ao Concello por “usar auga clorada para o rego do céspede e encher o vaso das piscinas”, o que se une aos veciños que gozan de “enganches de augas ilegais ou carecen de contador”.

Para Rodríguez, a solución pasaría por construir “un pozo de uso exclusivo para as piscinas municipais, para non forzar o depósito de auga clorada que vai ás casas da veciñanza”, nun contexto de escasez no que se lle piden esforzos e contención coa agua aos veciños.

Rede de auga antiga

Consultado por esta problemática, o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, indicou que a rede “é moi antiga e está moi deteriorada, o que produce perdas de auga en Vilaza e Albarellos”.

Suárez tamén recoñece que nalgúns barrios “hai problemas de falta de presión”, pero que é un tema “no que o Concello está moi pendente”

Te puede interesar