Viana abre este domingo as súas piscinas municipais

Ourense 20/7/21
Piscinas en Oira,página chapuzones

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Viana abre as súas piscinas (Foto de archivo)
As piscinas de Viana, en Ourense, están abertas con diferentes sevizos

Sendo un dos primeiros concellos da provincia de Ourense en abrir ó público as súas piscinas municipais, Viana inicia a tempada de verán hoxe. Estas instalacións ofertan aos seus visitantes dúas piscinas diferenciadas pola súa profundidade, servizo de bar con comidas, pistas de tenis e pádel, parque infantil e unha ampla zona de descanso.

A visita a estas piscinas que, en palabras do rexedor do municipio, Andrés Montesinos, “son unha das mellores instalacións da provincia de Ourense”, pode ser complementada coas actividades ofertadas polo Club Náutico no embalse, cuxo centro se encontra próximo a estas.

Pola súa parte, outros concellos da comarca de Conso-Frieiras están xa ultimando detalles para a apertura das súas zonas de baño. É o caso da Gudiña ou A Mezquita, que abrirán ao público a inicios do mes de xullo. A Praia Fluvial do Cenza, en Vilariño de Conso, abrirá tamén a próxima semana, ainda que o bar das mesmas xa se encontra en funcionamento.

Te puede interesar